|
Existen moitos casos de éxito do uso de Zentyal. Sobre todo en pequenas e medianas empresas ou entidades. O caso que nos ocupa neste boletín é o da Diputación de Toledo, que ofrece o servizo de Zentyal para os case 200 concellos dos que se compón.
A deputación despregou servidores en 174 concellos para proporcionar aos mesmos da infraestrutura TIC necesaria para levar a diante os servizos públicos locais, un primeiro paso foi acollerse á solución libre e gratuíta xestionándoa e manténdoa cos propios medios da deputación.
Nos concellos, a implantación de Zentyal foi un éxito onde as principais características empregadas son as de servidor de dominio, directorio, e compartición de ficheiros. Recentemente, dende a deputación, deron un paso máis e cambiáronse á solución de pago para facilitar o mantemento dos mesmos debido ao esforzo que supoñía encargarse por completo do mesmo tendo así acceso ao mantemento correctivo e á asistencia técnica da versión comercial.
|
|
Zentyal é unha solución de servidor de oficina, mediante o cal se poden dispoñer de varios servizos como poden ser servidor de correo, dominio e directorio, compartición de ficheiros, cortalumes, encamiñador ou router, VPN, proxy web, IDS e IPS. En resumo, é unha solución que pode prover de todos os servizos TIC necesarios dunha pequena oficina ou grupos de traballo para un uso común aportando unha facilidade de uso e centralizado nun ha interface común sinxela de utilizar.
O proxecto Zentyal, orixinalmente eBox Platform, conta tamén con unha empresa de nome homónimo a cal comercializa unha versión comercial a parte da versión libre e gratuíta, sobre a cal ofrece tamén servizos adicionais de soporte, asistencia técnica, mantemento correctivo, ... A solución Zentyal está dispoñible mediante a licenza GPLv2 e constitúe unha alternativa con características máis avanzadas a solucións privativas baseadas en Microsoft Active Directory e Microsoft Exchange Server.
|