Inkscape 1.0, o editor de gráficos vectoriais renóvase

Martes, 12 Maio 2020

O popular editor de gráficos vectoriais de código aberto de referencia (Inkscape), ven de lanzar a súa versión 1.0.

Inkscape é unha das aplicacións de deseño profesional con maior proxección do software de código aberto. Representa o traballo e esforzo de moita xente para asegurar que Inkscape siga estando dispoñible de forma gratuíta para todo o mundo.

As traducións de máis de 20 dos 88 idiomas foron actualizadas para a versión 1.0, facendo que o software sexa máis accesible para a xente de todo o mundo.

Chega con rendemento mellorado, soporte mellorado para pantallas HiDPI (alta definición), novos e mellorados efectos e unha mellor integración no sistema macOS (agora como aplicación nativa).

Inkscape 1.0 utiliza unha versión máis recente do software utilizado para construír a interface de usuario (GTK3).

Outros cambios importantes

Soporte de temas
Orixe de coordenadas na esquina superior esquerda
Rotación do espazo de traballo
Aliñamento de obxectos
Controis mellorados en tabletas gráficas sensibles á presión
Novas opcións de exportación
Trazado de liña central
Soporte de fontes variable
Revisión completa de extensións
Cambios de sintaxes na liña de comando

Vídeo de presentación de Inkscape 1.0

Máis información na nota oficial do lanzamento

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal