INSPIRE Conference 2020 será unha conferencia virtual

Martes, 26 Maio 2020

A Conferencia INSPIRE2020 será un evento virtual para protexer a saúde da comunidade. As sesións celebraranse entre o 3 e o 12 de xuño con 31 webinars e talleres.

INSPIRE

A Directiva INSPIRE ten por obxecto crear unha infraestrutura de datos espaciais da Unión Europea para os efectos das políticas ambientais da Unión Europea e das políticas ou actividades que poidan ter repercusións no medio ambiente.

Esta Infraestrutura Europea de Datos Espaciais permitirá compartir a información espacial sobre o medio ambiente entre as organizacións do sector público, facilitará o acceso público á información espacial en toda Europa e contribuirá á elaboración de políticas a través das fronteiras.

Programa da Conferencia Virtual

Tedes o programa completo nesta web do evento

A Conferencia INSPIRE2021 celebrarase en Dubrovnik, do 11 ao 14 de maio de 2021.

Máis información na web oficial do evento

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal