AIRone, ventilador de emerxencia para asistencia respiratoria con licenza libre

Xoves, 28 Maio 2020

OperationAIR é un equipo de estudantes da Universidade Tecnolóxica de Delft que desenvolveu o ventilador AIRone. Foi desenvolto como un ventilador de emerxencia avanzado, non certificado, para uso en momentos de escaseza debido á pandemia do covid-19, en estreito contacto con expertos do Centro Médico da Universidade de Leiden e do Centro Médico Erasmus.

AIRone

O AIRone funciona como un ventilador de presión regulada, pero só coas funcións esenciais. En resumo, utiliza unha fonte de gas a presión, reduce a presión en consecuencia e fornece gas ao paciente mediante un conxunto de válvulas.

Proporciona ventilación de presión positiva (PPV) para a ventilación automática de emerxencia, creada para o uso en pacientes adultos de COVID-19 que necesitan asistencia respiratoria para cubrir un período de tempo máis longo ata que se dispoña de ventilación convencional.

O AIRone foi recomendado polos médicos para ser utilizado en momentos de escaseza de ventiladores certificados. Non se obtivo a aprobación oficial, debido á desaparición da urxencia dos ventiladores de emerxencia. Por tanto, non se demostrou a seguridade ou eficacia do AIRone para o seu uso en humanos. Con todo, realizouse unha verificación exhaustiva do deseño utilizando un pulmón artificial de probas.

Mediante o apoio da Free Software Fundation Europe, OpenAIR puido adoptar unha licenza libre sobre os compoñentes que forman parte do seu ventilador.

O equipo pretendía que o seu deseño estivese dispoñible publicamente pero non resultaba fácil debido a motivos legais. A FSFE proporciounou axuda legal e técnica para permitir liberar o deseño técnico e do código fonte, xa que en orixe o proxecto carecía dunha licenza adecuada e prohibía o seu uso comercial.

O equipo decidiu seguir as recomendacións da FSFE e cambiar a licenza, poñendo unha licenza internacional CC-BY 4.0 en todos os documentos e proporcionar o software baixo unha licenza de Software Libre (licenza Apache 2.0).

Máis información sobre o aparato e repositorio do proxecto

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal