Firefox 76, máis rápido e con melloras no xestor de contrasinais

Xoves, 14 Maio 2020

Firefox 76, un dos navegadores web máis usados, inclúe novidades no seu xestor de contrasinais (Lockwise) e na súa velocidade e fluidez grazas a WebRender (tecnoloxía do motor de renderizado).

Firefox Lockwise

O xestor de contrasinais agora inclúe avisos de fugas de datos. Se utilizas un contrasinal que foi comprometida nalgún outro lugar, Firefox recomendarache que cambies o contrasinal.

Firefox suxerirá unha contrasinal segura cando pulsemos sobre algún campo de contrasinais.

Modo Picture in Picture en Firefox

Nova opción no mini reproductor de vídeo para cambiar entre pantalla completa e o modo PiP facendo doble click. O usuario pode minimizar o vídeo nunha pequena xanela e, simultaneamente, realizar outro traballo, mesmo noutras aplicacións e en escritorios virtuais.

Outros cambios:
A barra de marcadores ampliouse lixeiramente para aumentar a área onde pulsar nas pantallas táctiles. Nas contornas baseadas en Wayland, impleméntase a capacidade de acelerar a decodificación por hardware de VP9 e outros formatos de vídeo compatibles con Firefox.

Máis información nas notas de lanzamento

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal