Simpatizantes da FSFE publicaron un listado de ferramentas libres para o traballo en remoto

Mércores, 13 Maio 2020

Moitas organizacións que non estiveran afeitas ao traballo en remoto atópanse agora cun gran número de dificultades para adaptarse á nova situación. Para evitar problemas, varios colaboradores da FSFE escribiron colectivamente acerca das boas razóns para usar Software Libre para o traballo en remoto e recompilaron unha lista detallada de solucións prácticas na wiki da fsfe.

Elixir unha solución de Software Libre significa optar por unha solución de futuro, onde a túa organización non dependerá dun vendedor particular ou formato de arquivo pechado. O Software Libre permíteche manter o control.

Máis información na wiki da fsfe

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal