Tecnoloxías da Comunidade KDE para a transmisión de información clasificada en Alemaña

Venres, 15 Maio 2020

A Oficina Federal Alemá de Seguridade da Información aprobou, fai uns meses, Gpg4KDE e Gpg4win para a transmisión e procesamento de información clasificada nacional.

Gpg4KDE é o sistema de cifrado usado en KMail. Gpg4win, usado para cifrar e asinar correos electrónicos en Windows, está construído sobre o xestor de certificados de KDE, Kleopatra.

O goberno alemán clasificounos como seguros para ser usados cando se transmiten mensaxes con certos niveis de confidencialidade.

Máis información nestas ligazóns:
https://dot.kde.org/2020/02/18/gpg4kde-gpg4win-approved-transmission-processing-national-classified-information
https://gnupg.com/20200107-freigabe-vs-nfd.html

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal