Radio France, unha emisora de radio pública e a maior emisora de radio por internet do país, contribúe activamente ao desenvolvemento de programas gratuítos e de código aberto para a transmisión de son por internet.

Ademais das contribucións de código e a corrección de erros, a emisora contrata aos principais contribuíntes dos proxectos crave, de código aberto.

Radio France comparte case 30 das súas propias solucións informáticas como código aberto, desenvolvéndoas publicamente nas plataformas de código Github e Gitlab. Ademais, contribúe con outros proxectos como M3U8, un analizador para o software de transmisión de son HLS de Apple, e SRT, unha solución de transmisión de vídeo de código aberto.

Un exemplo particular é Liquidsoap, unha linguaxe de transmisión de son para crear, combinar e transformar fontes de son. Liquidsoap é un dos favoritos da Direction du Numérique (departamento de informática) de Radio France, a unidade que desenvolve, alberga e xestiona os sitios web e os servizos de transmisión de son de Radio France.

Actualmente, Liquidsoap é utilizado por todas as cadeas de Radio France.

O desenvolvedor de software de Radio France falou sobre o uso de software libre e de código aberto por parte da emisora na Fosdem 2020, a maior conferencia de código aberto de Europa, que tivo lugar en Bruxelas en febreiro.

A plataforma de streaming baséase en solucións de código aberto moi coñecidas, como os contedores Kubernetes para GNU/Linux, a ferramenta de configuración do centro de datos Terraform, o servizo de vixilancia de eventos Prometheus, o sistema de taboleiros de eventos Grafana e o servidor web Nginx.

Máis información no relatorio “Building an Open-Source based audio streaming platform” na Fosdem 2020 e na nova de Joinup.

Pin It on Pinterest

Share This