Lenovo venderá portátiles ThinkPad con Fedora

Martes, 5 Maio 2020

Fedora Wordstation estará dispoñible nos portátiles ThinkPad de Lenovo, concretamente nos modelos ThinkPad P1 Gen2, ThinkPad P53 e ThinkPad X1 Gen8 (posiblemente noutros modelos no futuro).

Isto é froito do traballo entre o equipo de Lenovo coa xente de Red Hat que traballa nas tecnoloxías de escritorio de Fedora.

Mark Pearson, desenvolvedor en Lenovo dixo:
“Lenovo está entusiasmado por formar parte da comunidade de Fedora. Queremos asegurar unha experiencia Linux óptima nos nosos produtos. Estamos comprometidos a traballar e aprender da comunidade de código aberto”.

Todas as partes sacan beneficio, por un lado axudará a levar a Fedora a un público máis amplo e lógrase avanzar no desenvolvemento de GNU/Linux e o código aberto en campos como a enxeñería e a electrónica.

Máis información na nova de fedora Magazine

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal