Os gobernos de España e Francia usan plataformas de videoconferencia de código aberto

Venres, 22 Maio 2020

Os gobernos de España e Francia recorreron a unha solución de código aberto, Jitsi Meet, para organizar reunións e conferencias de prensa en liña. Jitsi Meet é unha ferramenta para videoconferencia que non require a descarga de ningún software ou a creación dunha conta.

A Dirección Interministerial de Asuntos Dixitais de Francia (Direction interministérielle du numérique, DINUM) adoptou Jitsi como un servizo de conferencias na web que promove a cooperación de equipos entre os organismos gobernamentais. DINUM construíu un servizo de videoconferencia personalizado, baseado no código aberto de Jitsi Meet, despregado nos servidores gobernamentais utilizando un cifrado avanzado.

Durante a crise do COVID-19, o goberno español elixiu Jitsi para organizar as súas conferencias de prensa utilizando a función de chat en vivo da ferramenta para permitir a interacción entre os xornalistas e os funcionarios do goberno.

Jitsi Meet tamén está deseñado para protexer a confidencialidade das reunións mediante o cifrado, as salas virtuais protexidas por contrasinal e a posibilidade de celebrar reunións en servidores persoais.

Se vos interesa saber máis sobre esta ferramenta, publicamos recentemente un par de videotitoriais sobre jitsi en Mancomún e un podcast onde falamos desta solución e outras para o teletraballo:

Pílula sobre o uso xeral de Jitsi
Pílula sobre o uso de Jitsi para axuda en remoto
Podcast onde falamos de Jitsi e outras ferramentas para o teletraballo

Máis información relacionada coa nova:
https://joinup.ec.europa.eu/collection/open-source-observatory-osor/news/open-source-videoconferences
https://www.numerique.gouv.fr/produits-services/webconference-etat/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal