Pílulas para o teletraballo

Martes, 24 Marzo 2020

Nova sección en Mancomún: Pílulas para o teletraballo

Pequenos videotutoriais, de 2 minutos de duración, para amosar ferramentas libres (de software libre ou código aberto) que podemos usar para mellorar o teletraballo.

Publicaremos máis pílulas estes días, para dar a coñecer máis ferramentas para usar no teletraballo.

Jitsi

Empezamos cunha ferramenta usada principalmente para videoconferencia: Jitsi

Pílula sobre Jitsi

Jitsi é unha aplicación coa que poderemos facer tanto videoconferencias, usala como solución Voz IP e como mensaxería instantánea, tanto a través do ordenador, con aplicacións para iOS e Android ou directamente a través dun navegador web. Distribúese baixo a licenza libre Apache.

Algunhas das principais caracterísitacs de jitsi son:
– Cifrado de son
– Non é preciso dispoñer dunha conta de usuario rexistrado
– As salas pódense protexer con contrasinal

Vídeos e novas relacionadas co teletraballo

Se che interesa ver outras noticias e recursos relacionados co teletraballo que temos no portal de Mancomún, podes pulsar sobre esta ligazón.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal