Xoves, 7 Maio 2020 | Santi Saavedra

#30-Mancomún Podcast: Entrevista a Santi Saavedra, software libre nos móbiles

Episodio 30

En Mancomún Podcast, interésanos ver todas as posibilidades que temos de usar software libre (ou de código aberto) en todos os campos posibles. E un deses campos, pasa polos pequenos trebellos que levamos a maioría de nós no peto, os smartphones.

Entrevista a Santi Saavedra, software libre nos móbiles

Hoxe vamos conversar con Santi Saavedra (@ssice) sobre a posibilidade de usar software libre nos móbiles e sobre algún dispositivo alternativo que está aparecerendo no mercado e que facilita esta labor, como é o caso do PinePhone.

Aplicacións e proxectos mencionandos no programa

– iuvia.io
https://iuvia.io/

– SailfishOS
https://sailfishos.org/

– Ubuntu Touch
https://ubports.com/es_ES/

– PureOS
https://www.pureos.net/

– Repositorio de aplicacións F-Droid
https://f-droid.org/

– osmand (mapas)
– andOTP (protocolo libre de Google Authenticator)
– Transportr (transporte público multimodo)
– OpenTripPlanner-Android (planificación de viaxes, transporte)
https://www.mancomun.gal/entrevista/vreixo-gonzalez-ganador-da-edicion-2014-premio-ao-mellor-proxecto-fin-de-carreira-con-licenza-libre/
– Passandroid (pkpass, tickets)
– K9 Mail (correo electrónico)
– KeePassDX (contrasinais)
– Bitwarden (contrasinais)
– Gadgetbridge (wearables)
– KDE Connect (compartir portapapeis e arquivos entre móbil e computadora)
– NewPipe (para ver vídeos de youtube)
– PhoneTrack (rexistra onde está o teléfono)
– Joplin (notas sincronizadas)
– Nextcloud (almacenamento de arquivos e moito máis)
– Simple mobile tools (colección de utilidades básicas como xestor de arquivos, galería…)
https://www.simplemobiletools.com/

Dispositivos alternativos

– PinePhone de Pine64
https://www.pine64.org/pinephone/

– Purism Librem5
https://puri.sm/products/librem-5/#specs

– Volla Phone
https://www.indiegogo.com/projects/volla-phone-free-your-mind-protect-your-privacy#/

– Fairphone 3
https://shop.fairphone.com/es/

As músicas usadas neste programa foron:

– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
– Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal