Liberado Zabbix 5.0

Luns, 18 Maio 2020

A solución libre de monitorización Zabbix ven de anunciar o lanzamento da súa nova versión 5.0.

Zabbix Web

Esta nova versión trátase dunha versión con soporte de longa duración, ademais de ser unha versión maior na que a equipa de desenvolvemento continuou traballando en melloras de usabilidade, seguridade e integridade da solución.

Entre as novidades desta versión, a parte das correccións de erros e melloras de seguridade, destacan:

  • Soporte para a autenticación única (SSO)
  • Integración con sistemas de entrega de mensaxes e servizos de soporte
  • Capacidade de almacenamento de forma segura datos recopilados como contrasinais, claves de acceso…
  • Melloras varias na interface que a fan máis usable.

Pódese atopar máis información sobre esta nova versión no blog do proxecto.

Zabbix

Zabbix é unha ferramenta de software libre máis utilizadas para a monitorización de redes. Permite monitorizar e rexistrar o estado de varios servizos nunha rede de computadoras, servidores ou equipamento de hardware de rede. Esta solución conta con tres compoñentes: o servidor de monitorización que se encarga de coordinar e recopilar os datos; os axentes que teñen por cometido realizar determinadas verificacións no lado do software externo e a interface dende a que se organiza e xestiona o sistema.
Está desenvolvido principalmente en C e PHP e dispoñible baixo a licenza de software Libre GPLv2.

Entre as súas características destacan:

  • Verificar a dispoñibilidade e nivel de resposta de varios servizos como por exemplo servizos web ou de correo.
  • Permite obter estadísticas como carga dunha CPU, uso de disco, ancho de banda da rede…
  • Permite monitorizar servizos a través de protocolos como SNMP, TCP, ICMP ou SSH e telnet.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal