|
Existen unha morea de casos de éxito de CiviCRM en diversos sectores, na páxina web do proxecto hai unha escolla deles. O caso de éxito que nos ocupa neste boletín é o da Oficina Estratéxica de Asociacións de Denver que é a encargada das relacións entre a administración local de Denver e as entidades non lucrativas.
Anteriormente, na mentada oficina, utilizaban follas de cálculo para realizar a xestión das organizacións e víronse na necesidade de mudar o seu xeito de traballar. Unha das principais razóns polas que nesta oficina se decantaron por empregar esta solución é a facilidade de uso e o potencial crecemento, finalmente a adopción de CiviCRM por parte da oficina facilitoulles as tarefas que xa viñan desempeñando. As características de CiviCRM que usan neste caso de éxito son a xestión de usuarios, eventos e campañas, correos masivos e informes.
|
|
CiviCRM é unha solución de CRM (Xestor de Relacións co Cliente do inglés Customer Relationship Management). O seu enfoque principal está posto nas fundacións, asociacións, ONGDs, etc. Pero tamén se pode utilizar en outras situacións grazas a que se trata dunha solución modular e extensible mediante máis de 300 extensións e que se podo personalizar para adecuala ás particularidades necesarias, tamén é integrable cos principais CMS como Drupal, WordPress e Joomla.
CiviCRM está licenciado baixo AGPLv3 e está dispoñible para máis de 20 idiomas entre as características máis destacadas están as relacionadas coa xestión da masa social como a base de datos de contactos, xestión de doazóns, actividades, campañas e comunicacións, envíos masivos de correo electrónico...
|