Continuamos coas actividades en xullo do programa SmartPEME, capacitación tecnolóxica para PEME, profesionais e autónomos da Deputación de Pontevedra, actividades que buscan facilitar “a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade”.


O 30 de xullo, en horario de 18.00 a 21.00 horas, terá lugar o obradoiro “Crea unha páxina profesional con WordPress” no Punto SmartPeme Ponteareas.

WordPress é un sistema de xestión de contidos, enfocado á creación de calquera tipo de páxina web. Orixinalmente alcanzou unha gran popularidade na creación de blogs, para converterse co tempo nunha das principais ferramentas para a creación de páxinas web comerciais.

Co fin de mellorar a túa web e ampliar os teus coñecementos, neste obradoiro veranse as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado.

Índice de contidos

– Instalación de WordPress
– Configuración básica
– Manexo dos temas
– Engadir entradas ao blogue
– Engadir páxinas
– Xestión de plugins e widgets
– Xestionar comentarios
– Actualizacións
– Formularios
– Copias de seguridade


Nivel necesario para aproveitar o obradoiro

Intermedio.

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.

Inscrición

A inscrición pode facerse no teléfono 886 20 20 20, mandando un correo electrónico a info.smartpeme@depo.es ou a través desta web.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This