O pasado 20 de xuño de 2019 celebrouse a 4ª Edición dos Open Awards dentro da Feira e Congreso OpenExpo Europe, que reuniu aos principais profesionais da Innovación Tecnolóxica Aberta.


Os premios teñen o obxectivo de recoñecer publicamente ás empresas, administracións, personalidades e comunidades que crean, apoian e promoven a innovación tecnolóxica aberta.
Os Open Awards 2019 recoñecen e recompensan os proxectos e iniciativas de Open IT Innovation que destacaron máis nos últimos 12 meses. Tamén promoven a notoriedade das empresas, proxectos e administracións participantes nos premios e valoran o traballo realizado por todos eles.
A gala foi presentada por Philippe Lardy, CEO de OpenExpo Europe, e Paco Estrada, produtor de Compilando Podcast.


Categorías e gañadores dos Open Awards 2019

– Best Tech Community: Kiwi TCMS
– Best Services Solutions Provider: Irontec
– Best Success Story Company / Public Administration: Liberbank
– Best Innovative Platform / Project: Apprender – SM
– Best StartUp: Waima Technologies
– Best Cloud Solution: IBM
– Best Project in Transparency Citizen Participation and Open Government: ERASER
– Best Medium or Blog: El Atareao
El Atareao é un blog de referencia relacionado co mundo do GNU/Linux. Detrás del está Lorenzo que se define como “Divulgador e evanxelizador do software libre, de GNU/Linux e Android. Orientado a Ubuntu e distribucións derivadas de Debian. Firme crente na filosofía da cultura libre e accesible para todos.”
Lorenzo tamén compaxina a creación de contidos escritos cun podcast (Atareao Podcast), sobre as mesmas temáticas que trata no blog.

Mencións Especiais

– Women in Open IT Innovation: Cristina Aranda y Sara Alvarellos por MujeresTech
– Open Source Solidarity Project: UNICEF Comité de Madrid por Unicef Innovation Fund
– Open Source in Medicine / Science: Luis Falcón por GNU Health
– Open Source in Education / Social Services: David Montalva por proyecto Lliuex de la Generalitat Valenciana
LliureX, distribución educativa baseada en Ubuntu e Debian. Comezou a implantarse en 2005 nos centros escolares. Actualmente, esta distribución está instalada en mais de 120.000 computadores dos centros educativos públicos da Comunidade Valenciana.
– CEO Collaboration Award in Open IT Innovation projects: Julián Fernández CEO de Fossa Systems
Fossa Systems, empresa que está a desenvolver un dos satélites mais pequenos do mundo. Buscan “democratizar o acceso ás telecomunicacións e hardware espacial mediante o lanzamento de  picosatélites tan pequenos que os podes meter no teu peto”
Intentan crear a primeira rede global gratuíta de telecomunicacións para o IoT (Internet das Cousas). O primeiro satélite situarase a 400 quilómetros de altura, por baixo da Estación Espacial Internacional, e permanecerá en órbita durante un ano.
– CIO Collaboration Award in Open IT Innovation projects: Jorge Oteo CIO de Vocento

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This