Como anunciamos xa no portal de Mancomún, o proxecto Debian ven de liberar unha nova versión da súa distribución, a Debian 10.

Este fito tamén trouxo como consecuencia a publicación dunha nova versión de Debian Edu, tamén coñecido como Skolelinux. Este proxecto trátase dunha distribución baseada en Debian que recompila unha serie de software útil para o entorno educativo con todo o necesario para poder montar laboratorios de informática en centros escolares.

Debian edu/Skolelinux

Na nova versión introdúcense certas características e novidades como a mellora na configuración do soporte de múltiplas linguas e configuración rexional, metapaquetes que agrupan aplicacións educativas para os distintos niveis escolares e outras máis técnicas como o soporte de TSL/SSL para a rede interna ou o soporte dos servizos NFS e SSH para Kerberos, por último e a máis importante é que xa están dispoñibles as imaxes para instalar esta versión de Debian de xeito oficial dende o repositorio de Debian.

Pin It on Pinterest

Share This