Os proxectos de software está suxeitos ás leis de dereito de autor, tamén coñecido como copyright. Toda persoa ou entidade con dereito de autoría sobre un software pode licenciar o uso do mesmo baixo unhas condicións, isto é o que se coñece como licenza de software.

 

license iconAs licenzas de software pode ser sinxelas, pero tamén poden ser complexas e se falamos sobre a toma de decisión de que licenza aplicar a un software, sexa este libre ou non, pode chegar a ser complicado, pois hoxe en día calquera software frecuenta estar baseado ou usar compoñentes doutros, polo que é importante ter en conta que licenzas teñen as dependencias e que compatibilidades e incompatibilidades existen entre elas.

 

Conscientes desta complexidade, na plataforma de colaboración creada pola Comisión Europea (Joinup), están mellorando a súa ferramenta JLA (Joinup Licensing Assistant) que pretende ser un asistente para facilitar a tarefa de licenciamento nos proxectos libres.

Joinup logo

O JLA é unha solución que permite comparar e seleccionar licenzas libres obtendo a información sobre as mesmas directamente das fontes orixinais. Na ferramenta, pódese ver unha lista de licencias compatibles coas as características que se seleccionen, polo tanto podemos escoller que termos xenéricos queremos que poidan ter as licenzas candidatas e posteriormente analizar polo miúdo cada unha destas candidatas para así poder escoller a que máis se axuste a outros parámetros como a filosofía do proxecto, un texto sinxelo da licenza…

Captura JLA

Esta ferramenta tamén se podo utilizar para buscar información sobre unha ou varias licenzas das que nos falte algunha información, queiramos ler o texto completo da licenza ou queiramos ter unha visión xeral e sinxela dos seus termos, para facelo abonda con introducir o identificador de licencia no campo de texto ou procurar a mesma na lista completa de licenzas.

Pode verse máis información sobre a ferramenta da man da persoa que estivo detrás da idea desta ferramenta, Emmanuel Schmitz, nesta entrevista publicada en Joinup.

Tamén relacionado coa problemática de atopar unha licenza compatible con outras, no portal de Mancomún publicamos hai un tempo unha matriz de compatibilidade entre diversas licenzas libres.

Pin It on Pinterest

Share This