Continuando coa serie de artigos tecnolóxicos “Ferramentas multimedia: Solucións para imaxes”, falamos de Darktable, solución libre de código aberto para revelado dixital de imaxes en formato RAW ou tamén chamado formato cru.

Se buscas espremer ao máximo a potencia dunha cámara fotográfica e tes a opción nela de gardar as imaxes no formato RAW, non dubides en utilizala. Conseguirás resultados máis profesionais na edición posterior das imaxes porque dispoñemos de toda a información da toma (con moitos máis datos nas zonas de luces altas e sombras, entre outras).


Con Darktable dispoñemos dunha ferramenta multiplataforma, fácil de usar e potente ao mesmo tempo que xunto con GIMP, forman unha parella perfecta para ter un completo estudio fotográfico dixital ao noso alcance co que retocar e manipular imaxes.
Se non coñeces GIMP, podes descubrilo no noso artigo onde falamos das súas características.

Coñecer estas ferramentas libres é útil en diversos sectores e áreas nos que se poidan ter que realizar tarefas multimedia. Utilizar software libre nestes casos, pode axudar a aforrar moitos custos debido a que a maior parte de ferramentas multimedia privativas teñen un prezo elevado, ademais tamén permite ter unha maior independencia tecnolóxica.
Podes ler o artigo onde falamos de Darktable en profundiade nesta ligazón.

Pin It on Pinterest

Share This