Xa dispoñemos dunha nova versión de Debian, o sistema operativo universal, esta corresponde á versión estable número 10 co nome en clave “Buster”.

Debian 10
Formato ogg
Formato mp3

Debian é unha das distribucións máis veteranas de GNU/Linux, con máis de 25 anos detrás dela. É a nai de moitas outras como poden ser Ubuntu, Linux Mint.
Trátase dunha distribución comunitaria, sen ningunha empresa detrás dela, deixando á marxe patrocinios e doazóns.

Vamos aprender máis sobre esta distribución e descubrir as novidades que trae, grazas ao noso compañeiro Brais de Mancomún.

00:16 – Presentación
01:15 – Coñecendo a Brais
02:46 – Novidades de Debian 10
05:15 – Ramas de desenvolvemento
07:13 – Diferentes núcleos de Debian
08:40 – Que motiva á xente a colaborar no proxecto?
11:05 – Despedida

Podes ler o artigo onde falamos de Debian 10 en profundiade nesta ligazón.

As músicas usadas neste programa foron:
– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
– Efectos sonoros de Freesound

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Pin It on Pinterest

Share This