Nesta segunda edición dos premios “Sharing & Reuse” houbo catro categorías para os galardóns e dous premios dentro de cada categoría:
- Software libre máis innovador
- Software libre con maior impacto na cidadanía ou no tecido empresarial
- Servizo TIC máis innovador
- Yucca Smart Data Platform, unha plataforma de big data e IoT de Italia.
- Consent-based loan application, un proxecto de colaboración entre a administración e a industria de Noruega mediante o cal compartir datos sobre a contabilidade e os impostos.
- Servizo TIC con maior impacto na cidadanía ou no tecido empresarial
- A reutilización de software na plataforma electrónica de saúde en Bélxica.
- Gate of Mazovia da rexión polaca de Mazovia fornecendo máis de 1500 servizos aglutinados nun portal electrónico.
Os equipos de traballo gañadores recibiron 15.000 euros e os segundos clasificados 10.000, outros tantos proxectos recibiron o recoñecemento de quedaren finalistas, como son os seguintes:
- Oslo Validator de Bélxica.
- OAW Tracker de España.
- @firma, a plataforma de sinatura electrónica de España.
- LUTECE da cidade de París.
- Once Only Principle (OOP) buidling block de Luxemburgo.
- Suomi.fi-Finnish Service Catalogue, o catálogo de servizos finés.
- Suomi.fi e-Authorizations, o servizo de sinaturas e autorización de Finlandia.
Sharing & Reuse Awards 2019
“Sharing & Reuse Awards” é un certame que organiza a Comisión Europea, dentro do marco do programa ISA2. O obxectivo destes premios son as administracións públicas, en concreto van dirixidos a recompensar a aquelas iniciativas dentro dos entes públicos que levaron adiante algún proxecto de software libre ou algún servizo TIC compartido e este teña sido reutilizado por algunha outra administración pública.
A edición de 2019 é a segunda vez que se organiza este certame, no que participaron 54 proxectos de toda a Unión Europea que se puideron rexistrar entre o 29 de novembro de 2018 e o 12 de marzo de 2019 e a entrega de premios tivo lugar o pasado mes de xuño nunha cerimonia da man de Emanuele Baldacci, o Director dos Servizos Dixitais da Comisión Europea.
Máis detalles sobre esta edición dos “Sharing & Reuse Awards” nesta ligazón:
https://joinup.ec.europa.eu/collection/sharing-and-reuse-it-solutions/sharing-reuse-awards-2019-results