Novas
- O Goberno de Navarra adopta CC BY 4.0 para os seus datos abertos [Ler máis…]
- GnuPG 2.2.17, solución aos problemas de OpenPGP [Ler máis…]
- Joinup mellora o asistente de licenzas [Ler máis…]
- Lanzada Debian Edu/Skolelinux 10 [Ler máis…]
- Entregados os premios Sharing & Reuse Awards de 2019 [Ler máis…]
- #09-Mancomún Podcast, Debian 10 [Ler máis…]
- Chega a versión 68 de Firefox [Ler máis…]
- Concurso fotográfico da Galipedia [Ler máis…]
- LibOCon Almeria Call for Papers [Ler máis…]
- Xa está aquí unha nova versión de Debian [Ler máis…]
- Publicado o informe anual da GNOME Foundation [Ler máis…]
- #08-Mancomún Podcast, Darktable revelado dixital de imaxes [Ler máis…]
- Continuamos coa serie de artigos TIC sobre solucións para imaxes [Ler máis…]
- Gañadores dos Open Awards 2019 [Ler máis…]
Formación e eventos
- Roteiro: II Roteiro de abeancos.gal
- Obradoiro: e-Téxtiles organizado por GALPon e A Industriosa
- Obradoiro: Creación de páxinas web en Ponteareas
Caso de éxito
Existen unha morea de casos de éxito de CiviCRM en diversos sectores, na páxina web do proxecto hai unha escolla deles. O caso de éxito que nos ocupa neste boletín é o da Oficina Estratéxica de Asociacións de Denver que é a encargada das relacións entre a administración local de Denver e as entidades non lucrativas.
Anteriormente, na mentada oficina, utilizaban follas de cálculo para realizar a xestión das organizacións e víronse na necesidade de mudar o seu xeito de traballar. Unha das principais razóns polas que nesta oficina se decantaron por empregar esta solución é a facilidade de uso e o potencial crecemento, finalmente a adopción de CiviCRM por parte da oficina facilitoulles as tarefas que xa viñan desempeñando. As características de CiviCRM que usan neste caso de éxito son a xestión de usuarios, eventos e campañas, correos masivos e informes.
Proxecto destacado
CiviCRM é unha solución de CRM (Xestor de Relacións co Cliente do inglés Customer Relationship Management). O seu enfoque principal está posto nas fundacións, asociacións, ONGDs, etc. Pero tamén se pode utilizar en outras situacións grazas a que se trata dunha solución modular e extensible mediante máis de 300 extensións e que se podo personalizar para adecuala ás particularidades necesarias, tamén é integrable cos principais CMS como Drupal, WordPress e Joomla.
CiviCRM está licenciado baixo AGPLv3 e está dispoñible para máis de 20 idiomas entre as características máis destacadas están as relacionadas coa xestión da masa social como a base de datos de contactos, xestión de doazóns, actividades, campañas e comunicacións, envíos masivos de correo electrónico…
Segue a…
Rose Lanigan (@RuzaSolutions)Consultora de solucións CiviCRM e fundadora de Ruza Solutions; empresa fornecedora de solucións enfocada na implementación, soporte e formación de solucións CiviCRM; involucrada tamén na comunidade de CiviCRM aloxando reunións e “sprints” do proxecto.