Novas

  • GIMP 2.10.24, incorpora a importación de imaxes RAW desde Darktable 3.6 e posteriores [Ler máis...]
  • Debian 10.9, melloras de seguridade e rendemento [Ler máis...]
  • GNOME 40, cambios na interface e 100% traducido ao galego [Ler máis...]
  • #52-Mancomún Podcast: Podcast e música libre, con Uxío Broullón [Ler máis...]
  • Novo catálogo de acceso a datos e servizos de mapas do IDEAndalucía [Ler máis...]
  • KDE dará continuidade ao soporte de Qt5 [Ler máis...]
  • Pílula sobre Zabbix, solución de monitorización de redes [Ler máis...]
  • OBS 26.1.1 permite capturar a pantalla en Wayland [Ler máis...]
  • O software libre convértese en estándar en Dortmund [Ler máis...]
  • Estudantes da UVigo reciclan ordenadores con software libre para doar a familias con poucos recursos [Ler máis...]
  • #53-Mancomún Podcast: Concurso Universitario de Software Libre 2021 [Ler máis...]
  • EU Open Data Days [Ler máis...]
  • Xen 4.15, melloras en ARM [Ler máis...]
  • Ubuntu 21.04 Hirsute Hippo e resto de sabores oficiais dispoñibles [Ler máis...]
  • Victoria para os desenvolvedores e o software libre no xuízo pola propiedade intelectual das API de Java [Ler máis...]
  • FreeBSD 13.0 chega con melloras de rendemento [Ler máis...]
  • Os Países Baixos avanzan na dixitalización da administración convertendo a teoría do software libre en práctica [Ler máis...]
  • #01 – Resumo semanal das novas [Ler máis...]

Formación/Eventos

Caso de éxito

Proxecto destacado

Logo Dublin City University Logo GitLab

Dublin City University

GitLab

Existen unha morea de casos de éxito do proxecto GitLab, se ven é certo que a maior parte deles son máis ben do ámbito empresarial, especialmente nos sectores TIC, existen outros sectores que tamén o empregan para o control de versións e xestión de proxectos de software, documentación, etc; así como para tarefas de CI/CD. Na páxina web de GitLab pode verse un apartado con casos de éxito do proxecto.

O caso que nos ocupa neste boletín é o da universidade pública DCU (Dublin City University) que utiliza GitLab para os proxectos que os estudantes deben realizar durante a súa formación e deste xeito tamén aprende a usar a ferramenta Git e a propia solución GitLab.

A implantación desta solución comezou coa posta en marcha de GitLab Community Edition por parte dun docente e debido ao éxito, foise adoptando por varios dos seus colegas ate pasar a ser a solución escollida de forma xeneralizada para o uso na docencia da titulación de Enxeñaría de Software e actualmente conta con máis de 400 repositorios de proxectos que executaron máis de 11.000 traballos de integración continua.

GitLab é unha solución web de software libre de forxa, control de versións e integración continua que axuda ao desenvolvemento de software colaborativo baseada en Git e que ademais tamén ten algunhas funcionalidades de xestión de proxectos integrada.

Ademais, Gitlab tamén é unha empresa que desenvolve e ofrece o software GitLab como servizo na nube. GitLab foi creada no 2011 polos Ucraínos Dmitriy Zaporozhets, Sid Sijbrandij e Valery Sizov baixo a licenza MIT e programado en Ruby, aínda que posteriormente algunhas partes reescribíronse en Go para mellorar en eficiencia. Dende 2014 Gitlab adoptou o modelo de negocio coñecido como "open core" e ten 2 versións distintas, Enterprise Edition e Community Edition, a Enterprise Edition é de pago e ten algunhas funcionalidades máis que a Community Edition, aínda que está baseada na versión libre, contén algunhas partes que non son software libre.

As principais ferramentas e características que permite utilizar GitLab son control de versións con Git, seguimento de incidencias, revisión de código, integración continua (CI/CD). Na páxina do proxecto hai un apartado con todas as características que hai nas distintas versión de GitLab.

Segue a

Érica Aguado (@erica_aguado)
Administradora de sistemas e redes especializada en GNU/Linux, WordPress, Joomla, Prestashop e Moodle entre outros.

Pode consultar os anteriores boletíns no seu formato online a través da seguinte ligazón.

Oficina de Coordinación de Software Libre

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia - Xunta de Galicia

software.libre@xunta.es - 881 995 600