Akademy celebrarase en liña do 18 ao 25 de xuño e a convocatoria de participación está aberta. Podedes enviar as vosas ideas e resumos de charlas antes do 2 de maio.

Aínda que todos os temas das charlas son benvidos, aquí hai algúns temas de charlas especificamente relevantes para a Comunidade KDE:
– Temas relacionados cos obxectivos actuais da Comunidade KDE.
– KDE en acción: casos de tecnoloxía KDE na vida real.
– Visión xeral do que está a suceder nas distintas áreas da Comunidade KDE.
– Colaboración entre KDE e outros proxectos de Software Libre.
– Publicación, empaquetado e distribución de software por parte de KDE.
– Aumentar o noso alcance a través de esforzos como a accesibilidade, a promoción, a tradución e a localización.
– Mellora da nosa gobernanza e procesos, construción da comunidade.
– Innovacións e mellores prácticas nas bibliotecas e tecnoloxías utilizadas polo software de KDE.

Que debe incluír o resumo ou a proposta da miña charla?
O teu resumo debe incluír os usos da túa idea ou produto e mostrar o que os diferentes grupos de persoas obteñen del. Por exemplo, como pode beneficiarse unha empresa, un desenvolvedor ou mesmo un usuario da utilización da túa aplicación? De que maneira pode mellorar as súas experiencias?

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This