A Corte Suprema de Estados Unidos decidiu que Google fixo un “uso xusto” das API de Java, o que supón unha vitoria para Google e tamén para os desenvolvedores e o software libre en xeral.

Oracle demandara en 2010 a Google por violar os seus dereitos de autor sobre as API de Java, as cales foron usadas para crear a implementación da mesma tecnoloxía en Android.

Oracle argumentou durante máis dunha década que Google infrinxira os seus dereitos de autor ao copiar “a estrutura, a secuencia e a organización” de trinta e sete API de Java para implementalas en Android. Google defendeuse dicindo que as API non podían estar protexidas por dereitos de autor porque sería como patentar o abecedario.

A Corte Suprema de Estados Unidos decidiu que as Interfaces de Programación de Aplicacións (API) non poden estar estritamente protexidas por dereitos de autor, pero o feito de que recoñecese o seu “uso xusto” foi interpretado como unha vitoria por parte daqueles que se puxeron ao lado de Google, xa que reafirma a capacidade dos desenvolvedores de trasladar o seu código e as súas habilidades entre plataformas como algo que debe protexerse.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This