Zabbix é unha ferramenta de software libre para monitorización de redes. A xestión dunha rede de ordenadores dentro dunha empresa é un dos aspectos principais a ter en conta. A conectividade e o acceso á información, son aspectos clave na organización das empresas modernas en calquera ámbito de actividade.
Pílula sobre Zabbix, solución de monitorización de redes
Zabbix
Zabbix permite monitorizar e rexistrar o estado de varios servizos nunha rede de ordenadores, servidores ou hardware da propia rede interna dunha organización.
Entre as súas características destacan:
– Colección intelixente e altamente automatizada de métricas
– Descubrimento automático
– Detección avanzada de problemas
– Verificación da dispoñibilidade e nivel de resposta de varios servizos como por exemplo servizos web ou de correo.
– Estatísticas como carga da CPU, uso de disco, ancho de banda da rede…
– Permite monitorizar servizos a través de diferentes protocolos.
– Zabbix está dispoñible baixo a licenza de software Libre GPL.
– Predición de tendencias
Podemos descargalo libremente desde a web oficial, e instalalo no servidor da nosa empresa. Tamén podemos probar Zabbix a través do CDTIC Virtual, sen necesidade de instalar nada.
Esperamos que esta pílula vos axude no voso traballo.