Canonical anunciou o lanzamento de Ubuntu 21.04, nova versión da distribución con soporte de nove meses.

Da mesma forma, o resto de sabores oficiais de Ubuntu con diferentes contornas de escritorio tamén foron lanzadas a esta versión 21.04.

Ubuntu 21.04

Novidades desta versión do hipopótamo peludo: kernel Linux 5.11, Mesa 21, ferramentas e aplicacións actualizadas.

Wayland chega como servidor gráfico por defecto, pero pódese utilizar X11 escolléndoo no inicio de sesión. Novo servidor de son e vídeo PipeWire, compatible con Wayland. Nesta versión non se atreveron con GNOME 40, mantendo GNOME 3.38.5. Novo tema escuro de GNOME Shell.

Opción de crear unha clave de recuperación cando se configure o cifrado de disco. Eliminación da política de directorios persoais visibles para todos os usuarios. Mellora da integración de Active Directory no instalador de sistema. Dispoñibilidade de Microsoft SQL Server certificado e do SDK de Flutter nos repositorios do sistema.

Resto de sabores oficiais de Ubuntu 21.04

Kubuntu 21.04

Unha das contornas máis elegantes, Kubuntu 21.04, chega con KDE Plasma 5.21 e KDE Applications 20.12.

Xubuntu 21.04

Chega coa última versión da contorna de escritorio, Xfce 4.16.

Ubuntu MATE 21.04

Contorna de escritorio MATE 1.24.

Ubuntu Budgie 21.04

Última versión da contorna para Budgie e estrea versión para Raspberry Pi.

Lubuntu 21.04

Conta con LXQt 0.16, pero xa saíu a versión 0.17.

Ubuntu Studio 21.04

É un dos sabores oficiais con máis cambios:
Inclúe Plasma 5.21.4, co tema Materia e as iconas de Papirus. Studio Controls desenvolveuse como proxecto independente e actualizouse á versión 2.1.4.

Ardour foi actualizado á versión 6.6+. Agordejo é novo en Ubuntu Studio, proporciona compatibilidade con NSM herdado e xestión avanzada de sesións de son.

Carla foi actualizada á versión 2.3. Conta con OBS Studio 26.1.2, que inclúe a capacidade de utilizar OBS como unha cámara web virtual. Ademais, OBS Studio agora pódese utilizar con Jack.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This