GNOME 40, cambios na interface e 100% traducido ao galego

Mércores, 7 Abril 2021
GNOME 40, cambios na interface e 100% traducido ao galego

GNOME 40 publicado como versión estable. Introducíronse 24.571 cambios procedentes de 822 colaboradores.

Está traducido ao 100% en galego, grazas ao proxecto de Gnome en galego que coordina Fran Diéguez e coa importante mellora de corrección ortográfica realizada con hunspell-gl.

GNOME 40

Os cambios máis importantes serían:
– Transición a GTK 4
– Cambio da disposición xeral (pasa a ser horizontal en lugar de vertical)
– O dash foi movido á parte inferior e central da pantalla

Aplicacións

A aplicación de Meteoroloxía ( Wheater), foi redeseñada e é capaz de mostrar máis información. Configuración da contorna, a sección de teclado foi mellorada.

GNOME Software é unha das aplicacións máis relevantes para aqueles que buscan unha experiencia pura e automatizada coa contorna.

A aplicación Arquivos (antes o explorador de arquivos Nautilus) recibiu un gran número de melloras: diálogo de preferencias mellorado, posibilidade de ordenar os ficheiros segundo a súa data de creación, posibilidade de obter unha vista previa ao configurar o fondo de pantalla desde Arquivos, nova opción de “Executar como un programa” no menú contextual para os ficheiros de texto executables e completación co tabulador ao escribir unha ruta.

Navegador Web (antes Epiphany) conta agora cun novo e mellorado deseño das pestanas e a extracción de Wikipedia dos datos dos lugares que se consultan con Mapas.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal