GIMP 2.10.24, última versión da ferramenta de manipulación de imaxes multiplataforma e de software libre. GIMP, agora permite o uso de guías, cuadrículas e vectores sobre partes das capas que quedaron fóra do lenzo.

Novidades

– Soporte para importar ou exportar metadatos GeoTIFF, ademais de melloras no editor e visor de metadatos.

– Melloras na importación dos ficheiros TIFF, HEIF, PNG, JPEG, BMP, PDF, DDDS e RAW, estase modificando a API de darktable para que GIMP poida funcionar directamente con el (xestión de imaxes RAW de Darktable 3.6 ou posterior).

– Nova operación “Negative Darkroom” incorporada a GEGL (orientada aos artistas que utilizan a técnica de fluxo de traballo híbrido da fotografía analóxica).

– Melloras nas capas, tamén permite o axuste de puntos fóra do lenzo.

– Moitas correccións de erros.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This