Xoves, 22 Abril 2021 | Luís Galocha e Pablo Castro

#53-Mancomún Podcast: Concurso Universitario de Software Libre 2021

Episodio 53

Desde o ano 2006, vén organizándose o Concurso Universitario de Software Libre. Un concurso de desenvolvemento de software, hardware e documentación técnica libre no que poden participar estudantes universitarios (de grao, master e doutoramento), estudantes de ciclos de grao medio e superior, así como estudantes de bacharelato; todos eles incluídos no sistema educativo estatal español.

Hoxe charlamos con Luís Galocha e Pablo Castro, para saber un pouco máis sobre este concurso.

Concurso Universitario de Software Libre 2021

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

As músicas usadas neste programa foron

Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ Efectos sonoros de Freesound https://freesound.org/
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal