|
Existen varios casos de éxito de Kopano en diversos sectores. Dende Mancomún destacamos o caso do CERN, a institución europea de investigación que xa é coñecida polo seu compromiso co software libre.
O servizo de correo electrónico do CERN conta con uns 40.000 usuarios e viña usando unha solución privativa pola que pagaban unhas licencias, que viñan aumentando o seu custe, polo que dende o CERN comezaron a analizar e investigar sobre outras solucións.
Unha delas é Kopano, sobre a que desenvolveron unha proba piloto con resultado favorable e da que están usando o servizo de correo electrónico, o calendario, a axenda de contactos e as tarefas.
|
|
Kopano é unha suite de colaboración mediante a cal se pode ter unha maior soberanía dos datos involucrados en todo o proceso de comunicación dunha empresa ou de calquera tipo de organización.
Con Kopano poden despregarse servizos de correo electrónico, chat de equipos, reunión por videoconferencias, calendario, axenda de contactos, notas, tarefas e mesmo edición simultánea e compartición de documentos tanto en infraestrutura propia coma usando un servizo de terceiros, como o da propia Kopano.
A solución de Kopano está licenciada baixo AGPLv3 conta con aplicacións cliente para múltiples plataformas e ademais integra diversas ferramentas libres como NextCloud, LibreOffice Online...
|