O día dos datos abertos, que se celebra o 7 de marzo do 2020, é unha celebración anual dos datos abertos ao redor do mundo.
Por décima vez na historia, grupos de todo o mundo crearán eventos locais que utilizarán datos abertos nas súas comunidades para crear aplicacións, visualizacións, liberar datos ou publicar análises deles.
O enfoque este ano centrarase en catro áreas importantes, nos que a xente de OpenData.org cre que poden axudar a resolver problemas:
– Datos ambientais
– Rastrexo de fluxos de diñeiro público
– Mapeo aberto
– Desenvolvemento equitativo
Para saber un pouco máis sobre estes temas, falamos con Rafa Gayoso, técnico de innovación do Concello de Santiago e presidente da Asociación Melisa.
Enlaces mencionandos no programa
OpenData Day
https://opendataday.org/es_es/
Día dos datos abertos 2020 na Coruña
https://odd2020acoruna.gitlab.io/
CKAN DataHub
https://datahub.ckan.io/
– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast
E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.