A administración pública do país surcoreano xa tiña anunciado a súa intención de usar GNU/Linux para os seus equipos informáticos, pero non se coñecían demasiados detalles sobre a migración, tan só que se ían realizar probas con ánimo de substituír o sistema operativo Windows 7 ao rematar o seu soporte a principios de 2020.

As principais razóns para esta migración son conseguir unha maior independencia tecnolóxica e aforrar recursos. A primeira é debido a que actualmente teñen unha dependencia moi forte con empresas exteriores, nomeadamente con Microsoft ao empregar Windows como sistema operativo principal pasando a empregar sistemas operativos baseados en software libre e aberto desenvolvido por empresas locais. Por outro lado, tamén queren aforrar o desembolso que terían que realizar só en licencias da migración de Windows 7 a Windows 10 que estiman en 600 millóns de euros.

Algúns datos da migración

  • A migración será levada a cabo de xeito gradual, prevendo esta rematar no ano 2026, ano no que todas as computadoras da administración conectadas a internet deberan de executar un sistema operativo con soporte e baseado en GNU/Linux.
  • O Ministerio de Defensa e axencias de policía están empregando HamoniKR OS 3.0, baseado en Ubuntu con personalizacións e algún software engadido de orixe coreano.
  • O Servizo Postal irá cambiarse de Windows 7 a TMaxOS, baseado en GNU/Linux e desenvolvido pola empresa coreana Tmax Cloud.
  • O Ministerio de Administración Pública e o de Seguridade tamén empregan un sistema operativo desenvolvido por unha empresa coreana baseado en Debian e que se chama Gooroom Cloud.

 

Fonte: https://www.zdnet.com/article/south-koreas-government-explores-move-from-windows-to-linux-desktop/

Pin It on Pinterest

Share This