Algúns gobernos coma os de Corea do Sur, China e Rusia están considerando a GNU/Linux como o sistema operativo de referencia para a súa infraestrutura informática.

Rusia

Varios destes gobernos, como é o caso de Rusia, xa comezaron a plantexarse a adopción de sistemas operativos libres. No departamento de defensa ruso puxeron a o punto de mira na distribución Astra Linux para os equipos que teñen unha necesidade en canto á seguridade informática como os militares e os do servizo de intelixencia. Acerca deste interese xa escribimos en Mancomún hai tempo, pero a administración rusa ten unhas dimensións xigantescas e todo cambio leva o seu tempo.

A distribución baseada en Debian xa está presente en algúns departamentos e grazas a que ven de conseguir a certificación da FSB (antiga KGB), pode ser empregado pola mesma e por parte de organismos da federación como o ministerio de defensa e o exército, debido a que mediante a certificación garántese que cumpre cos estándares de seguridade do servizo federal. Un paso importante de cara a adopción na administración rusa destas solucións baseadas en software libre.

Corea do Sur

No mes de maio tamén nos decatamos de que o Ministerio do Interior e Seguridade de Corea anunciou que probará GNU/Linux. Ademais, no caso de que esta proba sexa exitosa, GNU/Linux será instalado na súa infraestrutura con ánimo de substituír ao sistema operativo privativo Windows 7 do cal remata o soporte en xaneiro de 2020.

Dita verificación consistirá en probar que o sistema se pode executar sen problemas de seguridade na infraestrutura gobernamental. Adicionalmente tamén deberá garantirse a compatibilidade cos sitios web e o software existente nos seus sistemas actuais.

China

En varias ocasións China ten demostrando o seu interese en deixar de usar Windows e pasar a utilizar GNU/Linux. Sen embargo, no caso do exército chinés; parece que segundo as novas máis recentes sobre o tema , pese a considerar o sistema operativo dos de Redmond deficiente en canto á seguridade, non contemplan facer uso de GNU/Linux, senón que desenvolverán outra alternativa.

A decisión China sobre estes temas guíase por argumentos relacionados coa seguridade e coa independencia tecnolóxica. Estes argumentos, son tamén os que noutros casos fan decantarse por solucións baseadas en software libre. No caso chinés, haberá que esperar un tempo para saber se un dos exércitos máis grandes do mundo se decantan por solucións libres ou non.

 

Imaxe orixinal da portada: https://www.flickr.com/photos/christiaancolen/20971786578

Pin It on Pinterest

Share This