O Ministerio de Defensa ruso tomou a decisión de cambiara todas as computadoras de oficina do ministerio así como móbiles e tabletas á distribución de Astra Linux. Dando así un paso máis cara o uso do software libre e baseándose tamén na premisa da privacidade e seguridade fronte aos sistemas Windows que estaban empregando ata o momento, tendo así unha menor dependencia tecnolóxica con outros países.

Astra Linux é unha distribución GNU/Linux baseada en Debian que é desenvolvida pola empresa rusa RusBITech.
Esta distribución conta con dúas edicións distintas: A “Common edition“, de propósito xeral e de balde, que conta co entorno de escritorio Fly, con LibreOffice, Firefox, Gimp, VLC
A outra versión que teñen é a “Special edition“, que é de pago e conta con máis ferramentas de seguridade así como unha política de privacidade por defecto moito máis restritiva ca as distribucións de propósito xeral.
Esta distribución xa estaba sendo empregada por máis entidades rusas coma a FSB (axencia de intelixencia rusa sucesora da KGB).

Fontes: Izvestia, Sputnik News e La mirada del replicante.

Pin It on Pinterest

Share This