Xoves, 27 Febreiro 2020 | Anxo Sánchez

#24-Mancomún Podcast: WordPress con Anxo Sánchez

Episodio 24

WordPress é unha das ferramentas libres máis usadas en todo o mundo para a creación de blogs e webs.

Aproveitando que hoxe temos con nós a Anxo Sánchez García, deseñador web freelance que coñece de preto o uso de WordPress, vamos charlar con el para coñecer mellor esta ferramenta e asesorarnos para sacarlle máis partido.

WordPress con Anxo Sánchez

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Enlaces mencionados no programa

WordPress https://es.wordpress.org/ Web de Anxo Sánchez https://www.anxosanchez.com/ Escola WordPress https://www.escolawp.pro/

As músicas usadas neste programa foron

Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY http://freemusicarchive.org/music/Timecrawler_82/Osaka_Lights/Street_Dancing
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal