Os premios “Free Software Awards 2019” foron anunciados o pasado sábado 14 de marzo no congreso LibrePlanet, que este ano se celebrou virtualmente debido á crise sanitaria do COVID-19.

Estes premios son os que entrega a Free Software Foundation tódolos anos para recoñecer a contribución por parte de persoas e de proxectos ao software libre.

Os premios de 2019 foron para: Clarissa Lima Borges como contribuidora novel ao proxecto GNOME dentro do programa de bolsas “Outreachy“; Jim Meyering pola promoción e desenvolvemento de software libre, actual mantedor de GNU Coreutils e Let’s Encrypt debido á súa contribución á sociedade ao ser autoridade emisora de certificados gratuitos.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This