Cuarta edición do Datathon da UE, unha competición sobre o uso de datos abertos.

Para participar, debe propoñer o desenvolvemento dunha aplicación que utilice datos abertos postos a disposición polas institucións, axencias e organismos da UE.

A aplicación debe mostrar oportunidades para modelos de negocio concretos ou empresas sociais. Tamén se espera que se atopen novos enfoques e solucións adecuados para axudar a Europa a alcanzar importantes obxectivos establecidos pola Comisión Europea mediante o uso de datos abertos.

Información máis detallada nas bases do concurso.

Cales son os retos?

Desafío 1: “Un acordo ecolóxico europeo”.
Desafío 2: “Unha economía que funciona para a xente”
Desafío 3: “Un novo impulso para a democracia europea”
Desafío 4: “Unha Europa adecuada para a era dixital”

Pódense presentar as propostas cunha breve descrición antes do 3 de maio.

Vídeo

Cales son os premios?

Doce equipos serán os preseleccionados (tres equipos por desafío).

Os preseleccionados serán convidados a desenvolver a súa aplicación e presentala do 13 ao 15 de outubro durante a 18ª European Week of Regions and Cities, en Bruxelas, un evento que atrae a máis de 9.000 participantes de todo o mundo.

Os gañadores desta fase final recibirán os seguintes premios:

O primeiro lugar: 12.000 €
Segundo lugar: 8.000 €
Terceiro lugar: 5.000 €

O Datathon 2020 da UE está organizado pola Publications Office of the European Union, en colaboración coa European Commission Directorate-General for Regional and Urban Policy.

Máis información nesta web

Pin It on Pinterest

Share This