A Comisión Europea recomenda que o seu persoal use Signal como ferramenta de mensaxería. Esta é unha medida para aumentar a seguridade das súas comunicacións dixitais despois de varios incidentes de alto perfil que afectaron a funcionarios.

Signal

Signal, é unha aplicación segura de mensaxería para smartphones, de código aberto, cifrada de extremo a extremo que está a gañar cada vez máis aceptación como un medio seguro para preservar a confidencialidade das comunicacións en liña.

Tamén posúe unha aplicación de escritorio para GNU/Linux, Windows e MacOS.

Características de Signal Messenger

Signal require un número de teléfono para rexistrarse.
Pódese configurar un temporizador para borrar as mensaxes dunha conversación.
Pódese usar Signal para enviar e recibir SMS e MMS.
Función para bloquear as capturas de pantalla na aplicación.
Pódese verificar a seguridade do cifrado.
Posibilidade de crear grupos.
Soporta seguridade biométrica.
Está desenvolvido pola organización Open Whisper Systems e lánzase baixo a licenza GPL v3 como software gratuíto e de código aberto.

Signal, conta co apoio de The Guardian Project e de Edward Snowden. Comentan da aplicación que é unha solución perfecta debido ao seu cifrado de extremo a extremo e a súa tecnoloxía de código aberto.

Pin It on Pinterest

Share This