A empresa Purism ven de anunciar un novo produto con software libre preinstalado, o Librem Mini. É unha computadora de formato pequeno pero con un hardware potente, que pode ser unha alternativa para un equipo de traballo, como equipo multimedia para o entretemento, computadora para a casa ou mesmo como servidor doméstico.

O máis destacable desta máquina é que como outros produtos de Purism está deseñado coa característica de que todo o software co que conta instalado de serie sexa libre, dende o sistema de arranque, tamén coñecido como BIOS, chamado Pureboot baseado en Coreboot ata o sistema operativo PureOS, ambos enfocados na seguridade e a privacidade.

Características técnicas do Librem Mini

  • Procesador: Intel Core i7-8565U (Whiskey Lake)
  • Placa gráfica: Intel UHD 620
  • Memoria RAM: DDR4 2400MHz 1.2V, 2 SO-DIMM slots soportando ate 64GB
  • Almacenamento: SATA III 6GB/s SSD/HDD (7mm) e M.2 SSD (SATA III/NVMe x4)
  • Conexións de vídeo: HDMI 2.0 4K @ 60Hz e DisplayPort 1.2 4K @ 60Hz
  • Conexións USB: 4 USB 3.0, 2 USB 2.0 e 1 Type-C 3.1
  • Conexións de son: 3.5mm AudioJack (Combo de micrófono e auriculares)
  • Conexións de rede: RJ45 Gigabit Ethernet LAN e WiFi 802.11n (2.4/5.0 GHz) con placa Atheros ATH9k de form opcional. Opcional tamén a conexión con Bluetooth 4.0 incluído na placa WiFi
  • Dimensións: 12.8cm x 3.8cm x 12.8cm
  • Peso: 1 kg

O dispositivo está de momento á venda mediante o sistema de reservas dende a web de compras de Purism, onde o modelo por defecto custaría arredor duns 650€.

Anuncio oficial e máis información nesta ligazón.

Pin It on Pinterest

Share This