GNU Octave, linguaxe de programación científica, chega á súa versión 5.2.

Novidades da versión 5.2

Esta versión é basicamente un lanzamento de corrección de erros, pero tamén incorpora algunha mellora:
Evita os cambios de cor no terminal GUI de MS Windows.
Arranxar o fallo de segmentación ao calcular as normais de vértice.
Mellora a comprobación de igualdade de arquivos para MS Windows.
Mostra correctamente os tipos de enteiros con formato hexadecimal.
Corrixe numerosos erros en audiowrite / audioread.
Mellora a mensaxe para establecer o punto de interrupción na función inexistente.
Usa caracteres de substitución para mostrar cadeas non UTF-8 nas figuras.
Mellorar o rendemento ao pechar as figuras.

GNU Octave

Octave ou GNU Octave é un programa e linguaxe de programación para realizar cálculos numéricos. Octave posúe ferramentas de impresión de gráficos e visualización incorporadas.

Software libre (publicado baixo unha Licenza pública xeral de GNU, pode ser compartido e utilizado libremente), multiplataforma (funciona en GNU/Linux, macOS, BSD e Windows).

É considerado o equivalente libre de MATLAB. Octave non é un sistema de álxebra computacional senón que está orientado á análise numérica.

Compatible con moitos scripts de Matlab, permite unha execución interactiva ou por lotes.

Octave está escrito en C++ usando a biblioteca STL. Soporta gran parte das funcións da biblioteca estándar de C.

A súa linguaxe pode ser estendido con funcións e procedementos, por medio de módulos dinámicos.

Está traducido a varios idiomas, incluído o español.

A linguaxe está pensada para traballar con matrices, e prové moita funcionalidade para traballar con estas.

Sintaxe

A sintaxe da Octave é altamente compatible con Matlab.

O intérprete da Octave pode ser executado nunha contorna gráfica, nunha consola, ou invocado como parte dun script.

Historia do proxecto

O proxecto foi creado no ano 1988, pero pensado nun principio para ser utilizado nun curso de deseño de reactores químicos. En 1992, comezou o seu desenvolvemento a cargo de John W. Eaton.

A primeira versión alfa foi lanzada en xaneiro de 1993. En 1994 apareceu a versión 1.0.

O nome é homenaxe a Octave Levenspiel, profesor dun dos autores e coñecido polas súas boas aproximacións, por medio de cálculos elementais, a problemas numéricos en enxeñería química.

Queres saber máis sobre GNU Octave?

Se vos interesa aprender máis sobre esta linguaxe de programación, tedes un curso de iniciación aloxado no repositorio documental de Mancomún e publicado con licenza libre:
Iniciación a GNU Octave

Este curso está dispoñible para a descarga en diferentes formatos libres e abertos (html, pdf, elp e SCORM), para facilitar o seu uso e poder consultalo en calquera plataforma.

O curso está dirixido a formar tanto ao persoal que habitualmente traballa con software de cálculo numérico privativo, como aos non iniciados no campo do cálculo numérico e no manexo de GNU Octave, software de referencia neste tipo de estudos e considerado o equivalente libre de Matlab.

Máis información das novidades na nota oficial de lanzamento

Pin It on Pinterest

Share This