
Iniciación a GNU Octave
Este curso está dirixido a formar tanto ao persoal que habitualmente traballa con software de cálculo numérico privativo, como aos non iniciados no campo do cálculo numérico e no manexo de GNU Octave, software libre de referencia neste tipo de estudos e considerado o equivalente libre de Matlab.
O material está dispoñible nos seguintes formatos:
- Pdf, facilita a visualización en multitude de dispositivos diferentes (ordenador, smartphone, tablet, libro electrónico).
- Elp, formato para empregar a ferramenta de edición de contidos exeLearning o que permite que calquera poida modificar ou completar facilmente o curso para adaptalo ás súas necesidades sempre que cumpra adecuadamente coa licenza.
- HTML, facilita a visualización a través de calquera navegador.
- SCORM, conxunto de obxectos de aprendizaxe empaquetados e estruturados como material web de forma pedagóxica baixo un estándar libre que permite importar, reutilizar e compartir contidos.
Este curso está tamén dispoñible para a súa visualización e seguimento, con acceso de conta de convidado, na Aula virtual da Oficina de Software Libre do CIXUG.
Licenza
Este material publicase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-Compartir igual 3.0.
Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de deseño gráfico con licenza libre como a realización de cursos de formación con este material, sempre que se mencione a autoría da obra orixinal e se comparta coa mesma licenza.
Autoría
A posta en marcha deste curso encádrase dentro das actividades que o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria (CIXUG) está a desenvolver no eido do fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia, apoiando a concreción das accións definidas dentro da Axenda Dixital de Galicia “Plan de acción 2018 en materia de Software Libre“, e contando co cofinanciamento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).