|
Existen unha infinidade de casos de éxito que empregan Grafana. O caso que nos ocupa neste boletín é o do CERN, a organización europea de investigación nuclear. Este software está presente en diferentes equipos de traballo dentro da institución e non só é empregado polo persoal técnico das infraestruturas telemáticas, senón que tamén se emprega á hora de visualizar resultados de experimentos, así como para a monitorización do acelerador de partículas e en xeral da infraestrutura dos propios centros. Nestes sistemas de monitorización, tamén interveñen de forma integrada con Grafana outros sistemas como poden ser Kafka, Hadoop, Elasticsearch, Kibana...
Dende o persoal do CERN destacan como vantaxes de Grafana a súa ampla comunidade, a posibilidade de empregar diversas fontes de datos, a interface atractiva e a súa facilidade de extensión, así mesmo tamén poñen de manifesto que o seu sistema baseado en Grafana da moi bos resultados e soporta sobre 1.000 usuarios de máis de 20 organizacións distintas con centos de paneis de visualización de datos distintos mediante un clúster composto por 3 nodos de Grafana.
|
|
Grafana é un proxecto de software libre escrito fundamentalmente na linguaxe Go e licenciado baixo Apache 2.0, está desenvolvido por Grafana Labs que tamén ofrecen un produto chamado Grafana Enterprise que conta con unha serie de servizos engadidos como soporte, asesoramento ou formación. Este software ofrece un sistema de visualización interactiva e dinámica de métricas e analíticas con gráficos e diagramas variados que permite obter información de múltiples e diversos fornecedores de datos permitindo tamén a configuración de alertas.
Trátase dun software multiplataforma e extensible mediante plugins no que os usuario poden construír de forma personalizada o seu panel de visualización de datos, así como compartir os mesmos dun xeito sinxelo. Grafana é amplamente usado en sistemas de monitorización de servizos de rede como poden ser Prometheus ou Zabbix.
|