Sesión demostradora: Xestión dunha empresa co software libre Odoo ERP

Luns, 24 Febreiro 2020

Sesión demostradora presencial na Aula CeMIT de Ourense (La Molinera, Rúa do Abrevadeiro 1, 32002 Ourense) sobre a solución ERP libre Odoo que terá lugar o 4 de marzo de 16:30 a 18:30.

A sesión demostradora está organizada por Amtega coa colaboración da empresa Anubía soluciones en la nube (consultora especialista e partner de Odoo).

Odoo ERP

Odoo ERP é un sistema de software libre, multiplataforma e de fácil manexo.

Posúe unha importante comunidade de desenvolvedores, con máis de 2000 módulos liberados dispoñibles que poden combinarse entre si.

Funcionalidades destacadas de Odoo

– Capacidade de engadir clientes á nosa lista, produtos ao noso catálogo e mesmo xerar asentos contables
– Realización de cálculos automáticos de prezos e custos de venda
– Xerar orzamentos que se poden converter en pedidos, albarás e facturas
– Completamente accesible dende calquera dispositivo que teña un navegador web
– Amplo catálogo de plugins e unha activa comunidade de colaboradores

A quen está dirixido?

A empresas de distribución, tanto en venta por xunto como polo miúdo, de calquera tamaño ou sector que estea interesada en xestionar a facturación, a contabilidade e a loxística desde un ERP, mellorar o tratamento dos datos xerados ao longo da súa actividade loxística e empresarial para mellorar a xestión diaria e toma de decisións ou en contratar a implantación do ERP (Odoo).

Odoo está dispoñibles no CDTIC Virtual para poder ser probado. O CDTIC Virtual, posto en marcha polo Centro Demostrador TIC, constitúe un servizo no que empresas, organizacións e persoas usuarias poden probar e avaliar distintas aplicacións en software libre a través dun servizo na nube nun contorno privado, sen necesidade de dispoñer de recursos informáticos propios ou de persoal con coñecementos avanzados de sistemas.

As persoas interesadas en solicitar a avaliación dunha das aplicacións dispoñibles non teñen máis que rexistrarse como empresas e profesionais na web do CDTIC e posteriormente solicitar a aplicación ou as aplicacións que sexan do seu interese.

Programa

– Explicación do funcionamento básico e da configuración de módulos de Odoo: CRM, ventas, almacén, compras e contabilidade.

– Presentación práctica dos módulos de Odoo v12 para a xestión comercial, administrativa, loxística e contable de empresas de servizos e distribución.

Inscrición

Pódese facer a inscrición a través desta web.

Imparte

Anubía Soluciones en la Nube

Consultora, formación, implantación e desenvolvemento de solucións de software de xestión empresarial en Software libre, na nube e coa filosofía de Software como servizo SaaS.
Software modular e adaptado a todo tipo de empresas.

Organiza

Amtega e Anubía Soluciones en la Nube.

Máis información na web do CDTIC

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal