O Arduino Day Lugo 2020 (organizado por Makers Lugo celebrarase o 28 de marzo), ven de lanzar un reto de impresión 3D para a comunidade maker.

Arduino Day Lugo 2020

Aproveitando a celebración conxunta a nivel mundial do Arduino Day, o Arduino Day Lugo será un evento aberto e para tódolos públicos.

Sábado 28 de marzo no Palacio de Feiras e Congresos de Lugo.

Imaxe do Palacio de Feiras e Congresos de Lugo

Un día cargado de actividades, como podemos ver na súa axenda contarán cunha exposición aberta, terán makers expoñendo os seus proxectos, charlas, competicións de robótica, talleres e o mencionado reto de impresión 3D.

Reto Impresión 3D

A organización púxose en contacto co hospital Lucus Augusti, para desta forma doar todas as pezas que a comunidade maker aporte ao reto de impresión 3D.

E desta forma conseguir que as nenas e nenos hospitalizados, sorrían un anaco. E ademais algunhas destas pequenas ambulancias, poidan quedarse na sala de xogos do hopital.

Pódese descargar o modelo en Thingiverse. O dia do Arduino Day Lugo, habera unha mesa para montalas, onde se disporán os eixe para as rodas.

Se non podedes asistir, podedes envialas pezas por correo ordinario, contactando previamente a través do correo makers.lugo@gmail.com.

Máis información na web oficial do reto

Pin It on Pinterest

Share This