Petición de contribucións para esLibre 2020

Martes, 11 Febreiro 2020

O congreso esLibre é un encontro de persoas interesadas nas tecnoloxías libres, enfocado a compartir coñecemento e experiencia ao redor das mesmas. A próxima edición celebrarase na Universidade Rey Juan Carlos (Madrid) os días 5 e 6 de xuño de 2020.

O envío de propostas está oficialmente aberto. Tedes ata o 2 marzo para propoñer organizar unha sala e ata o 16 de marzo para propoñer unha charla, taller ou outra actividade. Non se aceptarán relatorios, talleres ou salas que promocionen especificamente unha oferta comercial.

Temática

O software libre é a temática central de esLibre. Tamén se contemplan outras tecnoloxías libres (por exemplo, hardware libre), e o mundo menos tecnolóxico do coñecemento libre.

Tipos de contribucións

  • Charla. Presentación “tradicional”, en formato normal (25 min. aproximadamente) ou en formato lóstrego (10 min. aproximadamente).
  • Sala (devroom). Organización do programa dunha sala, que discorrerá en paralelo con outras actividades do congreso.
  • Taller. Presentación práctica, “mans na masa”.

Datas

Data limite de proposta de salas: 2 de marzo
Data límite de proposta de charlas, talleres e outras: 16 de marzo
Data límite de programa de salas: 30 de abril

Máis información sobre como propoñer unha charla ou taller, na web oficial do evento

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal