Software Libre Científico, edición 2020

Xoves, 20 Febreiro 2020

Co obxectivo principal de compartir coñecementos e experiencias arredor do Software Libre de uso Científico, o 27 de febreiro na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da USC terá lugar a terceira edición da “Xornada de presentación de software con licenza libre para uso científico”, organizado pola Asociación MeLiSA e que conta co apoio da AMTEGA e da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Esta xornada, busca ser unha primeira toma de contacto con alternativas de software libre que se poidan utilizar para o desenvolvemento da labor investigadora ou docente (tanto docentes coma alumnos).

Presentaranse casos de éxito en diversos campos como a matemática, enxeñería, programación, deseño, …

No ámbito da ciencia e docencia, a utilización de software do que non se dispón do código fonte, que non se pode adaptar ás necesidades cambiantes ou compartir libremente dentro dos grupos de traballo, sumado á política restritiva de licenzas e dos custos asociados á utilización de software privativo, fai imprescindible ter alternativas que suplan estas necesidades como as que se verán este día.

Programa

9:00 – 9:15 Recepción de asistentes
9:15 – 9:30 Inauguración e benvida
9:30 – 10:00 #R20anosnonsonnada con María José Ginzo Villamayor
10:00 – 10:30 Concurso R – Entrega de premios e presentación do proxecto gañador con Damián Pallas e Andrea Vilar
10:30 – 11:00 Documentación con Gitbook con Rafael Rodríguez Gayoso
11:00 – 11:30 Análise estatística con JASP con Miguel Ángel Rodríguez Muíños
11:30 – 12:00 Descanso – Pausa café
12:00 – 12:30 ROS: Un sistema operativo para robótica con Adrián González Sieira
12:30 – 13:00 Python, a linguaxe de moda con Brais González Rodríguez
13:00 – 13:30 KiCad: Deseño e fabricación de circuítos impresos con Sergio Alvariño Primo
13:30 – 14:00 Tratamento de imaxes con GIMP e automatizacións de edicións coa terminal con Jorge Lama Varela

Proxectos presentados

JASP Stats

JASP é un programa gráfico libre e de código aberto para análise estatístico, deseñado para ser fácil de utilizar, e familiar para usuarios de SPSS.

ROS

Robot Operating System é un framework para o desenvolvemento de software para robots que soporta a funcionalidade dun sistema operativo nun clúster heteroxéneo.

KiCad EDA

KiCad é un paquete con licenza libre para a automatización do deseño electrónico.

GIMP

GIMP é un programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits, tanto debuxos como fotografías. É un programa libre e gratuito.

Inscrición

O acceso é libre, e a inscrición de balde pero é necesaria a inscrición previa para asistir á xornada.

Máis información e inscrición:
http://xornada.melisa.gal/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal