Primeira versión de Fedora CoreOS

Mércores, 5 Febreiro 2020

Liberada a primeira versión estable da distribución Fedora CoreOS (solución para contornas de execución baseadas en contedores illados, substituíndo Fedora Atomic Host e os produtos CoreOS Container Linux).

Fedora CoreOS

Fedora CoreOS é un sistema operativo mínimo, de actualización automática, para executar cargas de traballo en contedores de forma segura e a escala, dispoñible en múltiples plataformas.

Fedora CoreOS combina as ferramentas de aprovisionamento e o modelo de actualización automática de Container Linux coa tecnoloxía de empaquetado, o soporte OCI e a seguridade SELinux de Atomic Host.

Está formado por un conxunto mínimo de compoñentes suficientes para executar contedores illados: kernel Linux, administrador do sistema systemd e un conxunto de servizos para conectarse a través de SSH, administrar a configuración e instalar actualizacións.

O sistema de actualizacións baséase no uso de dúas particións do sistema, unha activa e a outra utilízase para copia da actualización.

Novidades

Baseada nos repositorios de Fedora 31, inclúe o núcleo Linux 5.4, o administrador do sistema systemd 243 e o kit de ferramentas Ignition 2.1.

Capacidade de instalarse en varias plataformas: servidores regulares, QEMU, OpenStack, VMware, AWS, Alibaba, Azure e GCP.

Incluirase nun futuro o envío de telemetría a Fedora CoreOS utilizando o servizo fedora-coreos-pinger.

Máis información na nova de Fedora Magazine

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal