Xoves, 6 Febreiro 2020 | Brais, Jorge López e Pablo Sanxiao

#22-Mancomún Podcast: De volta da FOSDEM 2020

Episodio 22

FOSDEM (Encontro Europeo de desenvolvedores de software libre e código aberto) tivo lugar entre o 1 e 2 de febreiro en Bruxelas.

De volta da FOSDEM 2020

E aproveitando que tivemos a Brais como enviado especial nela, vamos compartir con vos o que se puido ver este ano nela.

Tamén falamos cun par de invitados (Jorge López e Pablo Sanxiao) que estiveron nalgunha edición anterior da FOSDEM e nos dan o seu punto de vista.

As músicas usadas neste programa foron:

– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal