Xoves, 20 Febreiro 2020 |

#23-Mancomún Podcast: I love Free Software Day 2020

Episodio 23


O 14 de febreiro celébrase o día dos namorados, pero tamén celébrase o «I love Free Software Day 2020», iniciativa da Free Software Foundation que pretende mostrar o amor polo Software Libre e agradecer a todo o mundo que contribúe dalgunha forma á súa evolución.

I love Free Software Day 2020

Desde a Free Software Foundation animan a que sexa:
«un día cheo de mensaxes positivas, creativas e encantadoras para toda a Comunidade.”

Comentamos algunhas das propostas que a FSF propón facer ese día.

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Enlaces mencionados no programa

I love Free Software Day 2020 https://fsfe.org/campaigns/ilovefs/ Material gráfico para o evento https://fsfe.org/campaigns/ilovefs/artwork/artwork.es.html

As músicas usadas neste programa foron

Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY http://freemusicarchive.org/music/Timecrawler_82/Osaka_Lights/Street_Dancing One Love by Keys of Moon | Music promoted by https://www.free-stock-music.com Attribution 4.0 International (CC BY 4.0) https://soundcloud.com/keysofmoon
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal